Gobierno de España | Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas IEF | Instituto de Estudios Fiscales
DESTACADOS / Microsimuladores

Microsimuladores

Os sistemas de impostos e prestacións sociais non son estáticos en xeral, senón que cambian, algunhas veces pola necesidade de adecualos aos cambios que se producen na sociedade, noutras ocasións, sobre todo recentemente, por acordos supragubernamentais e, en moitas máis, por necesidades ou decisións dos gobernos dos diferentes países. No noso país, a lexislación veu presentando modificacións na estrutura dos impostos indirectos ou especiais, nas deducións fiscais, inclusive nos tipos impositivos sobre a renda ou nas prestacións sociais.

Os cambios do sistema impositivo (IRPF, IVE, etc.) adoitan suscitar abundante debate político e social e numerosos estudos empíricos co fin de avaliar os efectos sobre o benestar, sobre a recadación, sobre a participación no mercado laboral, etc. Os efectos que implican cambios desta natureza poden ser moi diversos e, nalgúns casos, prexudiciais para algúns grupos de fogares. Por iso, é conveniente avaliar ex–ante (antes de que leven á práctica) e ex–post (unha vez producidos os resultados, no tempo que se determine), como afectan as distintas reformas que se poden introducir non só ás recadacións tributarias senón ao benestar dos fogares (ou dos individuos) ou á redistribución da renda.

Aínda que a maior parte dos estudos de microsimulación dispoñibles para a economía española tiveron un carácter puramente académico, cada vez máis existe unha crecente concienciación orientada cara á necesidade de dispor de instrumentos de simulación de reformas impositivas con datos microeconómicos para diferentes ámbitos. Tamén o Instituto de Estudos Fiscais está a desenvolver este tipo de metodoloxía e aplícase á análise de reformas impositivas directas, indirectas e mixtas.

Dese xeito, no IEF:

  • Simúlanse reformas na estrutura dos impostos indirectos (Imposto sobre o Valor Engadido e Impostos Especiais) e preséntanse medidas de benestar (variación equivalente) e de recadación.
  • Realízanse simulacións de cambios no IRPF e facilítanse os efectos en diversas situacións.
  • Estúdanse os cambios introducidos en reformas impositivas mixta que incorporan cambios tanto en IVE e accisas como en cotas á Seguridade Social.
  • Realízanse exercicios de simulación hipotéticos tanto de reformas de impostos directos como indirectos e mixtas, seguindo liñas de cambios que previsiblemente poidan ter lugar na economía española nun futuro.

En calquera caso, no IEF, aínda que os traballos desenvolvidos ata agora non nos permiten cubrir todo o espectro posible de situacións en que as técnicas de microsimulación se aplicaron, pensamos que no próximo futuro a investigación do Instituto neste campo adquirirá un maior desenvolvemento, tanto teórico como empírico, na mesma medida do crecemento exponencial que, nos últimos anos, vén producíndose na literatura de microsimulación e os seus desenvolvementos aplicados.

Más información

INSTITUTO DE ESTUDOS FISCAIS

Avda. Cardenal Herrera Oria, 378 28035 - MADRID

Tel. 91 339 88 00 | informacion@ief.minhap.es