O Instituto de Estudos Fiscais desenvolve as funcións de selección e formación encomendadas polo seu Estatuto:
A través da Dirección da Formación de Facenda Pública desenvólvense os labores de formación de funcionarios e outro persoal en materias específicas da Facenda Pública, incluíndo as técnicas de administración e xestión financeira e tributaria, de presupuestación e gasto público. Para este efecto elabóranse, de acordo cos órganos directivos dos Departamentos e segundo as súas necesidades, os correspondentes programas formativos a medio e longo prazo.
Así mesmo, o Instituto organiza programas de formación voluntaria para o funcionariado do conxunto da Administración Xeral do Estado e doutras esferas administrativas, participando activamente nos programas de formación continua que para os propios empregados e empregadas do Instituto se desenvolven anualmente.
Unha vez que se detectan e valoran as necesidades de formación do posto de traballo, e en estreita colaboración cos distintos Centros destinatarios, prográmanse as accións formativas que anualmente se inclúen en plans específicos.
Estas actuacións lévanse a termo a través de sesións ou cursos intensivos que, de forma periódica, se lles imparten aos diferentes colectivos profesionais co apoio do material didáctico adecuado.
Deste xeito, desenvólvense os seguintes plans anuais de Formación Permanente:
No marco dos Acordos de Formación Continua celebrados entre os sindicatos e a Administración Pública, está a levarse a cabo unha oferta formativa que amplía os seus contidos ano tras ano, cunha marcada énfase no apoio á promoción interna.
As actividades levadas a termo neste Plan de Formación desenvolvéronse pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, polo Instituto de Estudos Fiscais e polo resto de centros directivos do Ministerio de Economía e Facenda.
Consistiron polo xeral en materias instrumentais, como a informática, os idiomas, a contabilidade, a prevención de riscos laborais, as habilidades directivas etc., e centráronse, así mesmo, na preparación das funcionarias e funcionarios para o acceso a outros Corpos do Ministerio de Economía e Facenda.
O Instituto de Estudos Fiscais desenvolve as súas accións formativas de modo presencial e a través do seu Campus virtual.
INSTITUTO DE ESTUDOS FISCAIS
Avda. Cardenal Herrera Oria, 378 28035 - MADRID
Tel. 91 339 88 00 | informacion@ief.minhap.es