Na súa configuración actual, o Instituto de Estudos Fiscais foi creado como organismo autónomo pola Lei 14/2000, de 29 de decembro, de Medidas fiscais, administrativas e da orde social. Está adscrito ao Ministerio de Economía e Facenda, a través da Secretaría de Estado de Facenda e Presupostos e conta cun Estatuto propio, aprobado por Real Decreto 63 /2001, de 26 de xaneiro (BOE de 27 de xaneiro), que regula a estrutura orgánica e funcións do IEF e unha organización que “dá resposta ás necesidades de reforma das institucións financeiras e tributarias que a sociedade e a economía reclaman”.
A súa misión institucional, con carácter xeral, céntrase en dúas grandes áreas. Por unha banda, a Investigación, estudo e asesoramento económico e xurídico nas materias relativas aos ingresos e gastos públicos e a súa incidencia sobre o sistema económico e social, así como a análise e explotación das estatísticas tributarias. Os seus destinatarios son o Ministerio de Economía e Facenda, outros Ministerios e outras institucións.
Por outra banda, a Formación, colaborando nos procesos de selección e formación dos funcionarios e funcionarias do Ministerio de Economía e Facenda, así como a cooperación con outras institucións nacionais e internacionais en materia de formación e asistencia técnica. O seu destinatario é o funcionariado e o persoal da Administración Xeral do Estado, das Comunidades Autónomas e da Administración Local e o persoal doutras administracións internacionais.
INSTITUTO DE ESTUDOS FISCAIS
Avda. Cardenal Herrera Oria, 378 28035 - MADRID
Tel. 91 339 88 00 | informacion@ief.minhap.es