O Instituto de Estudos Fiscais (IEF), como promotor da investigación en materias relacionadas coas finanzas públicas, desenvolve Cursos e Actividades de Formación ao servizo da mellora da calidade na actividade investigadora, ben polo seu enfoque metodolóxico, ben pola súa orientación ao coñecemento das diversas técnicas de investigación ou ben por contribuír ao debate e á análise dos aspectos máis relevantes e actuais no campo da economía pública. Estas actividades de formación realízanse de forma autónoma polo propio IEF ou en colaboración con outras institucións.
Dentro do ámbito do IEF organízanse con periodicidade distintos seminarios cuxo obxectivo é servir de punto de encontro para compartir experiencias investigadoras e reflexionar conxuntamente sobre diferentes temas de interese ou actualidade, relacionados coas liñas prioritarias de traballo da Institución.
Para unha mellor organización, estes seminarios aparecen clasificados en distintas áreas de estudo, segundo a orientación metodolóxica que seguen:
INSTITUTO DE ESTUDOS FISCAIS
Avda. Cardenal Herrera Oria, 378 28035 - MADRID
Tel. 91 339 88 00 | informacion@ief.minhap.es