Gobierno de España | Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas IEF | Instituto de Estudios Fiscales
Investigación / Investigadores Externos

INVESTIGADORES EXTERNOS

O exercicio das funcións que o Instituto de Estudos Fiscais ten atribuídas inclúe o fomento e a difusión das investigacións e estudos relacionados coa Economía Pública. Para iso o Instituto financia a realización de traballos de investigación que se inscriban nas liñas de traballo que lle son prioritarias nos ámbitos dos estudos tributarios, dos estudos orzamentarios e do gasto público, e do dereito financeiro e tributario.

Desde o ano 2009, existe unha convocatoria para o financiamento de proxectos de investigación que sempre está aberta, con carácter competitivo. Malia ser unha convocatoria xeral, o Instituto de Estudos Fiscais publicará outras convocatorias, tamén competitivas, sobre liñas de investigación específicas nos tres ámbitos citados, que poden resultar prioritarias para a Secretaría de Estado de Facenda e Presupostos e para o propio Instituto.

Cada investigador ou equipo de investigadores poderá presentar unha única solicitude, cuxo importe non exceda da contía de 12.000 euros. Non poderán solicitar estes proxectos aqueles investigadores que recibisen financiamento durante o ano anterior á presentación da solicitude. As solicitudes deberán formularse nos impresos normalizados que facilita o Instituto de Estudos Fiscais. Cada solicitude irá acompañada do curriculum vitae de todos os membros do equipo investigador. As solicitudes deberán ser enviadas por correo electrónico á conta investigaciones@ief.minhap.es.

As solicitudes estudaranse por un comité de investigación do Instituto de Estudos Fiscais, que se reunirá periodicamente para examinar as propostas presentadas e os informes realizados por avaliadores anónimos.

O Instituto de Estudos Fiscais reservarase o dereito de edición do traballo realizado durante dous anos contados a partir da súa entrega final. Pola súa banda, os autores comprométense a elaborar unha versión do resultado da investigación para a súa posible inclusión na colección de Papeis de Traballo ou Documentos de Traballo editados polo Instituto de Estudos Fiscais e deberán solicitarlle por escrito ao Instituto de Estudos Fiscais autorización para a eventual publicación do traballo de investigación en calquera outro medio que non sexa algún dos anteriormente citados. Neste caso, no traballo de investigación figurará que foi financiado polo Instituto de Estudos Fiscais. Así mesmo, comprométense tamén a aceptar a invitación que o Instituto de Estudos Fiscais, no seu caso, lles curse para participar nalgún dos seus seminarios co obxecto de exporñer os resultados acadados na súa investigación.

INSTITUTO DE ESTUDOS FISCAIS

Avda. Cardenal Herrera Oria, 378 28035 - MADRID

Tel. 91 339 88 00 | informacion@ief.minhap.es